As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da
facultade. 1. Avaliación en primeira convocatoria 1.a. Avaliación presencial O alumnado terá que realizar e presentar oralmente un proxecto en grupo, que consistirá na elaboración dunha sequencia pedagóxica AICLE. O proxecto será avaliado polo profesor de acordo cunha grade de avaliación disponibilizada na plataforma de aprendizaxe. As presentacións de proxectos serán feitas no día, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames. 1.b. Avaliación non presencial O alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao
longo das dúas primeiras semanas de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos
contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha
grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o
alumnado deberá resolver. O tipo de exame e a grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na web da
materia.
2. Avaliación en segunda convocatoria O alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado
como non presentado.
O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia.
O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación
estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá
resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria.
3. Linguas de traballo As linguas de traballo da materia serán o francés e o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo
momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa ou inglesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado
poderá empregar calquera das linguas de traballo. Os enunciados dos exames estarán redactados en lingua francesa e inglesa, pero o alumnado poderá realizalo en
calquera das dúas linguas.
Fica prohibida a utilización do tradutor automático en calquera actividade de aprendizaxe ou na comunicación co profesor. O uso repetido da tradución automática nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos. 3. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.
|