Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  O Proceso de Investigación nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisíbel evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade estabelece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A) Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e Moovi.
B) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto.
- Profa. Ana Rey Cao: Sala 2129 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/912187149)
- Profa. Águeda Gutierrez Sánchez: Sala 1251(https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/538827467)
Como alternativa, cando sexa necesario, realizaranse por skype ou correo electrónico (anacao@uvigo.gal; agyra@uvigo.es).

Poderase empregar a ferramenta Doodle para a xestión das titorías e seminarios.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación manterase igual. As diferentes metodoloxías/probas realizaranse polos medios telemáticos especificados.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000