Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Motriz
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valoración da participación activa do estudante na discusión de documentos científicos, casos ou outras actividades propostas na aula 20 A2
B1
B2
C1
C3
D4
D7
D8
Traballo tutelado Avaliación dos exercicios ou proxectos realizados na aula e/ou das actividades autónomas do estudante 40 A2
B1
B2
C1
C3
D7
Traballo Elaboración e presentación oral e escrita de informes, por parte dos estudantes, relacionados cos contidos e/ou procedementos do módulo correspondente 40 B1
B4
C1
C4
D4
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este máster ten a modalidade de ensino presencial, polo que a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser dun mínimo do 80% da materia. O/a estudante que falte a algunha sesión deberá poñerse en contacto co/a docente para realizar a/s tarefa/s correspondente/s.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% de cualificación nese apartado.

O alumnado que non entregue en prazo os traballos requeridos para a avaliación continua poderá presentarse a unha proba de avaliación, acorde ao programa da materia, que se celebrará no período oficial establecido para o primeiro cuadrimestre.

Haberá unha segunda convocatoria no mes de xullo na que se avaliarán as competencias non adquiridas polo estudante durante o curso académico.

Poden consultarse as datas de avaliación da materia na web do Mestrado ou no espazo correspondente da plataforma de teledocencia

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000