Coñecer as características dos estudantes, así como os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro que permitan a identificación e reflexión crítica sobre as situacións conflitivas e a súa resolución. |
|
B1 B3
|
|
|
Coñecer e analizar diversos plans e proxectos relacionados coa convivencia escolar que forman parte do proxecto educativo de centro, participando na súa definición e desenvolvemento. |
|
B1
|
|
|
Adquirir e poñer en práctica diversas estratexias e habilidades que permitan una intervención axeitada para a resolución de conflitos de convivencia no contexto escolar: habilidades de pensamento e de decisión, habilidades sociais, dinámica de grupos, xestión democrática de normas, aprendizaxe cooperativo, mediación, negociación, educación emocional, educación en valores, etc. |
|
B1
|
|
|
Coñecer as características das familias e comprender a súa función educadora na adquisición de competencias e aprendizaxe para a resolución pacífica de situacións conflitivas. |
|
B1 B3
|
|
|