Valorarase a participación do alumnado en eventos científicos (congresos, xornadas...), en caso de que se poidan realizar. Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar tanto o exame coma cada un dos traballos que se establezan. De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán de novo avaliadas na convocatoria de xullo. Para ser avaliado como alumnado presencial, ha de asistirse ao 80% das aulas. Aquel estudantado que, por causa xustificada, NON POIDA ASISTIR regularmente será avaliado cunha proba escrita e a elaboración de tarefas. Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo. As datas do exame pódense consultar na páxina web da facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames) |