Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua e literatura: Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Durante o período das clases virtuais haberá que adaptar os resultados de aprendizaxe
relacionados coa oralidade.
CONTIDOS:
Mantéñense os contidos, que serán todos fornecidos polo profesor. Agora ben, algúns
deles poden non ser obxecto de exame.
PLANIFICACIÓN DOCENTE:
Mantense o traballo tutelado. Mantense o resto da planificación pero cos seguintes matices: A resolución de problemas será feita polos alumnos e subida a faitic con data de entrega límite. Teranse en conta os problemas de conectividade virtual que poidan ter os
alumnos. As lección maxistrais adaptaranse a clases virtuais impartidas no horario das
clases A e serán completadas con material que se subirá a faitic antes das clases ou
despois. Algúns deses materias serán só para ler como complemento. O exame será de
preguntas de desenvolvemento e será preferiblemente presencial. De non ser posible
isto, adaptarase ós medios dispoñibles na plataforma Faitic e teranse en conta os problemas de conectividade do alumnado.
METODOLOXÍA DOCENTE:
Traballo tutelado: Comentario dun texto literario prosístico . O alumnado subirá a faitic o
traballo e o profesor atenderá a cada alumno individualmente por medio dunha titoría
pedida con cita previa. Resolución de problemas: Corrección de actividades iniciadas na
aula ou non e análise de lecturas complementarias. O alumnado subirá a faitic o traballo
e o profesor atenderá a cada alumno individualmente por medio dunha titoría pedida con
cita previa. Lección maxistral: Exposición teórica adaptada ás clases virtuais e
complementada con material subido a faitic sobre os contidos do temario e análise da
lectura "Mal de linguas" de Jesús Tusón.
ATENCIÓN PERSONALIZADA: Traballo tutelado: Aclaracións relativas ao programa, a algún tema explicado na aula presencial/virtual ou a calquera dúbida relativa ás actividades programadas. Orientacións sobre a elaboración dun traballo escrito. O alumnado terá que concertar cita previa co profesor e este atenderá por email, faitic ou teléfono. Resolución de problemas:Aclaracións relativas ao programa, a algún tema explicado na aula presencial/virtual ou a calquera dúbida relativa ás actividades programadas. Orientacións sobre a elaboración dun traballo escrito. O alumnado terá que concertar cita previa co profesor e este atenderá por email, faitic ou teléfono.
AVALIACIÓN:
Traballo tutelado: Traballo orixinal 40%. Resolución de problemas: Participación (recensións ou outras tarefas) 20%. Exame de preguntas de desenvolvemento: Exame 40%.
Outros comentarios sobre a Avaliación. Modelo A. O alumnado terá que aprobar as recensións e o traballo literario para poder presentarse ao exame, a non ser que o
profesor acorde outra cousa co alumno ou coa alumna. Para aprobar a materia hai que
aprobar as recensións, o traballo e o exame. Modelo B. O alumnado que non cumpra os requisitos do modelo A terá que realizar un exame final de toda a materia, a non ser que o profesor acorde co alumno ou coa alumna outro tipo de avaliación. Na segunda
convocatoria procederase ao mesmo sistema de avaliación. As datas oficiais dos
exames figuran na web do centro.
BIBLIOGRAFÍA. FONTES DE INFORMACIÓN:
Sen cambios. Amais da bibliografía sucinta da guía docente (a aplicación informática
deixou de permitir subir toda a bibliografía complemetaria que en anos anteriores nos
obrigaran a elaborar), o alumnado recibirá na primeira clase deste curso unha bibliografía complementaria de tódolos temas do programa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000