Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na educación primaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Para o curso 2021-22, non hai modificacións significativas nas metodoloxías nos tres escenarios docentes previstos. A única adaptación resaltable é a relativa ao seu modo de execución. Dentro do posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías levaríanse a cabo de modo semipresencial e virtual. Por outra banda, no escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas adaptaríanse a unha modalidade de execución virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, excepto a súa modalidade de execución.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Levarase a cabo con medios telemáticos, baixo a modalidade de concertación previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Ante a situación de alarma, a avaliación levouse a cabo de modo virtual e só se modificaron as cuestións relacionadas coa intervención práctica, que se converteron en deseño ou exercicios de práctica físico-deportiva. As probas non variaron e a ponderación modificouse, aumentando o test nun 5% e diminuíndo a participación activa nas prácticas nun 5%.

* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2021-22.
Os criterios de avaliación se manteñen, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente.
Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.

* Probas que se modifican
Non hai modificacións.

* Novas probas
Non se prevén .

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000