Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Avaliación continua a través da elaboración e exposición de traballos individuais e/ou de equipo cooperativo. 10 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Traballo tutelado Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición
de competencias e coñecementos mostrados a través dos traballos de aula e do diario do alumnado
30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliación continua a través do seguimento do alumnado no deseño dun proxecto relacionado coas ciencias para alumnado de E. Primaria 30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Prácticas de laboratorio Avaliación continua a través do seguimento da realización de actividades prácticas e do caderno de laboratorio do alumnado 30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Condicións de avaliación:

  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol/diario e/ou
    caderno de laboratorio nos que haberá parte grupal e parte individual,
    subirao á sección particular específica da aula virtual da materia-curso
    en FAITIC ou Moovi. O traballo consistirá na recolleita do seguimento das sesións
    lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e
    coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes. A
    realización completa e a entrega deste diario/cartafol/caderno de
    laboratorio será condición necesaria e imprescindible para acollerse á
    opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán
    dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna
    e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en
    FAITIC ou Moovi, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na
    aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun
    aproveitamento axeitado.  (No caso de que non se poida levar a cabo a
    modalidade de ensinanza presencial  pola evolución
    da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, eliminarase este requisito de
    asistencia para levar a cabo esta avaliación e seguirase o indicado no Plan de Continxencias).
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de
    aprobado en cada un dos traballos e probas de avaliación e observar un
    comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como
    condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan
    axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de
    cada unha das cualificacións singulares
  • O alumnado que non asistíu a clase, para obter
    unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas escritas
    presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de laboratorio,
    respectivamente). As datas de exames poden consultarse na web da facultade
    no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames
    . Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento
    correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación
    porcentual de cada unha das cualificacións singulares.



De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias
non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo’

Criterios de avaliación da 2ª convocatoria:

  • Para obter unha avaliación positiva o alumnado que asistíu
    regularmente a clase, coa porcentaxe de asistencia indicada
    anteriormente, poderá optar por presentar as tarefas e traballos pendentes
    indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame (dúas probas
    escritas presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aula e no
    laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web
    da facultade no apartado de organización
    académicahttp://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. Cómpre obter a
    cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas
    de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final
    será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das
    cualificacións singulares.
  • O alumnado que non asistíu a clase, para
    obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas
    escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de
    laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web
    da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.
    Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento
    correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación
    porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

Suxerencias:

  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado
    Ciencia para educadores . O uso deste libro está recomendado para poder
    realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán
    obxecto de avaliación.
  • O libro titulado Didáctica de las ciencias en la educación secundaria
    será tamén de uso recomendado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000