Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Docencia
No caso de impartición da docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e o uso da plataforma de teledocencia Moovi.

Atención personalizada
No caso de impartición da docencia non presencial, as sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, foros de Moovi...) con concertación previa dependendo da modalidade.

Avaliación
No caso de non poder facerse o exame de forma presencial, axustaranse as porcentaxes de cualificación que serán as seguintes (a non ser que haxa outras recomendacións):
traballo tutelado 40%
resolución de problemas 20%
exame 40%
A modalidade de exame, de non ser presencial, será on line a través da plataforma de teledocencia Moovi.

En calquera caso, teranse en conta as dificultades de conectividade do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000