A materia ten parte A (60% da cualificación) e B (40%), que se avaliarán do seguinte xeito: - Parte A: pódese superar mediante a entrega de traballos de aula ou realizando o exame de dita parte. -
Parte B: o alumnado que asista ao 80% das sesións B poderá superar esta
parte mediante a entrega de traballos prácticos. O alumnado que non
cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos
deberá realizar exame de dita parte. A cualificación total será a
suma das dúas partes, tendo en conta que é preciso superar ambas para
aprobar a materia. De non superar algunha parte, a cualificación máxima
posíbel será de 4.5. Alumnado de segunda oportunidade de avaliación: De
non ter superada a materia na primeira oportunidade de avaliación, as
competencias non adquiridas serán avaliadas na oportunidade de
avaliación de xullo, para a que se gardarán as partes aprobadas (A/B) na
primeira oportunidade. O alumnado que non aprobe algunha parte da materia na primeira oportunidade de avaliación,
poderá optar na segunda por: - Realizar o exame A e/ou B (segundo corresponda) da materia. - No caso da parte B, no caso de cumplir co 80% de asistencia pódense realizar as actividades pendentes de avaliación
positiva en vez de facer exame. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |