Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua española
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou
non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento
da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o
profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: todas, pero impartidas telematicamente
* Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías) a través do campus remoto.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non se modifican
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: ningunha específica
* Outras modificacións: ningunha
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas de avaliación e o seu peso serán os mesmos; só cambiará o xeito de realizar as probas, que será a través de
medios telemáticos.
* Información adicional: ningunha
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000