Avaliación continua a través do seguimento da alumna e do alumno, cos seguintes resultados de aprendizaxes:
1º)- Comprender, analizar e desenvolver, a terceiro nivel de concreción, o deseño curricular actual da educación primaria; identificando a complexidade dos procesos educativos na aprendizaxe das ciencias experimentais.
2º)-Comprender, analizar e desenvolver, a terceiro nivel de concreción, o deseño curricular actual da educación primaria; identificando a complexidade dos procesos educativos na aprendizaxe das ciencias experimentales.
3º)- Buscar, coñecer e utilizar recursos didácticos, os equipamentos tecnolóxicos e as metodoloxías docentes para a ensinanza das ciencias na educación primaria; deseñando e avaliando a posta en práctica de actividades na aula-laboratorio e no contorno próximo do centro educativo.
Avaliación continua individual a través da exposición de traballos realizados, individualmente e en pequeno grupo; cos seguintes resultados de aprendizaxes:
1º)- Resolver situaciones problema experimentais, de maneira científica, identificando as condicións e os datos significativos, as incógnitas as relacións conceptuais e matemáticas que se poden establecer.
2º)- Identificar e comprender as similitudes e as diferencias entre a construción do coñecemento científico-tecnológico e a aprendizaxe da ciencia na escola; relacionando os aspectos físico-químicos, biolóxico-xeolóxicos e tecnolóxicos co contorno próximo e coa vida cotiá do alumnado.
3º)- Comprender, analizar e desenvolver, a terceiro nivel de concreción, o deseño curricular actual da educación primaria; identificando a complexidade dos procesos educativos na aprendizaxe das ciencias experimentais.
4º)-Buscar, conocer e utilizar recursos didácticos, os equipamentos tecnolóxicos e as metodoloxías docentes para a ensinanza das ciencias na educación primaria; deseñando e avaliando a posta en práctica de actividades na aula-laboratorio e no contorno próximo do centro educativo.
Avaliación global final do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos, ao terminar o curso, que comprenderá a realización individual obrigatoria dunha exame presencial, consistente na resolución dun cuestionario tipo test sobre os contidos da materia, referentes á comprensión dos principios básicos, as leis fundamentais, as teorías científicas e as metodoloxías de desenvolvemento das ciencias experimentales ao longo da historia ata os seus niveis actuais.
Avaliación global final do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos, ao terminar o curso, que comprenderá a realización individual obrigatoria dunha exame presencial, consistente na resolución de situacións problema abertas de carácter científico, hipotéticas e experimentais, referentes aos contidos da materia que demostren a comprensión dos principios básicos, as leis fundamentais, as teorías científicas e as metodoloxías de desenvolvemento das ciencias experimentais.
Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é unha fonte documental para realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir á sesión lectivas de aula e de aula-laboratorio nun 80% do tempo presencial, cun aproveitamento idóneo.
PERSOAS NON ASISTENTES: todas aquelas alumnas e alumnos que
non acaden o 80% das asistencias deberán realizar as respectivas dúas
probas de resposta longa (exames de aspectos teóricos e de aspectos
prácticos). Para opter unha avaliación positiva é preciso obter unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada unha das
dúas probas, e a súa nota sera a media arimética d e ámbalas dúas
cualificacións.
Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
Para obter unha avaliación contínua positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan acomodadas.
1ª CONVOCATORIA:A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación continua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) dos traballos de aula, das prácticas de laboratorio e das probas presenciais, realizadas ao longo do curso. En todo caso será necesario alcanza unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos de: Traballos de aula, Prácticas de laboratorio e Proba presencial individual.
2ª CONVOCATORIA: gardaranse todas as cualificacións parciais (notas) positivas dos traballos de anual e das prácticas de laboratorio, obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso, que ponderadas segundo as porcentaxes anteditos (10% e 10%, respectivamente) serán acumuladas sumativamente nunha cualificación única (nota), a que promediará (ao 80 %) coa cualificación (nota) de probas escrituras presenciais desta convocatoria.
Se a alumna ou o alumno manifesta expresamente, por escrito na cabeceira da primeira folla de exame desta segunda convocatoria, o seu desexo de que non sexan tidas en conta estas notas, a súa cualificación final será unicamente a nota derivada da corrección desta proba.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000