Lección maxistral |
A Lección maxistral utilizarase para a explicación dos contidos teóricos. Constitue unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios personais e audiovisuais. Estas leccións estructuranse en catro partes: introdución, desenvolvemento, conclusións e debate, para explicar e aclarar os concetos clave tanto teóricos como prácticos. As sesións maxistrais realizaranse con todo o grupo clase co fin de o alumnado domine os principios e conceptos traballados e adquira unha cultura argumentativa que lle axudará a resolver as partes teóricas do proxecto.
Para o desenvolvemento das sesións teóricas, previo ao inicio de cada bloque de contidos, entrégase ao alumnado em FAITIC un pequeno dossier no que se inclúe:
* Explicación de obxectivos e contidos.
* Guión desenvolto de cada un dos temas e conceptos básicos.
* Liñas xerais do desenvolvemento metodolóxico e proposta de actividades.
* Prácticas relacionadas co bloque temático.
* Temporalización.
* Criterios e estratexias de avaliación que se seguirán nese bloque.
* Documentos de lectura obrigatoria.
* Bibliografía de ampliación.
|
Eventos científicos |
O alumnado poderá aportar documentación de outros eventos educativos que se realicen na facultade, na universidade ou no contexto social próximo sempre que axuden o desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos. |