Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Sociedade, cultura e pensamento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Presentación e debate dun tema. 15 A3
B8
C13
C23
C34
D1
D3
D6
D14
Traballo tutelado Valoración do traballo de iniciación á investigación. Serase esixente coa adecuación do resultado aos criterios esixidos para este tipo de actividade. 35 A3
B8
C13
C23
D1
D3
D6
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen sobre o temario da materia. A xuizo do profesor/a responsable da materia, as preguntas poden ser longas, curtas e/ou tipo test. 50 A1
A2
A3
C23
D1
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA: O alumnado presencial e o non presencial ten que
alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.
SEGUNDA CONVOCATORIA: De non superar a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas exclusivamente co exame da convocatoria de
xuño-xullo. Con todo, se o alumnado presentou e superou as partes
prácticas durante o curso, gardaráselle a nota para facer media co exame
da convocatoria de xuño-xullo, pero non se poderán presentar as
prácticas na segunda convocatoria.
ALUMNADO NON PRESENCIAL: O alumnado que non poida asistir á clase
regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir a
titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: 1.- Unha
proba de contidos teóricos (ata 5 puntos, 50%). 2.- Un traballo, a
determinar polo profesor/a (ata 3 puntos, 30%). 3.- O resumo de dous
libros, a determinar polo/a profesor/a responsable da materia (ata 2
puntos 20%). Para aprobar é preciso alcanzar o 50% da puntuación en cada
unha das 3 probas. Os criterios de avaliación da segunda convocatoria
son os mesmos tanto para o alumnado presencial como para o non
presencial.
As datas oficais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade,
no apartado de organización académica, espazo "datas de exames"

http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000