Para ter en conta a avaliación continua, o estudante ten que ter unha asistencia mínima do 80%, A nota final da materia ten dous compoñentes: -O traballo realizado polo alumno durante o curso (Avaliación Continua). Deberá ter a metade superada como mínimo. -A proba escrita. Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 50% da nota do exame. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota da Avaliación Continua manterase para a segunda
convocatoria. No caso de non asistir ao 80% das clases, o/a estudante terá a consideración de "non asistente" e a súa avaliación será un exame sobre 10 puntos. Neste exame deberá demostrar tanto as competencias correspondentes ao traballo de aula (avaliación contínua), como do exame. A cada unha desas partes corresponderalle un 60% á parte A e un 40% á parte B; debendo obter un 25% en cada unha delas para aprobar a materia. No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o/a estudante concorre á seguinte coas puntuacións obtidas na avaliación continua. Só se sumarán neste caso; en convocatorias posteriores xa non se terán en conta. As datas de exame poden consultarse na web: http://fcced.uvigo.es/gl/ |