Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exposición por parte do/a profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, centrándose
nas bases teóricas dos diferentes bloques temáticos.
30 A5
B1
B7
B11
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo artístico - didáctico.
Pautaranse entregas parciais e farase un seguimento das materializacións finais con revisións
intermedias e presentación de tarefas específicas.

40 C62
D1
D3
D7
D8
D13
D17
D21
Obradoiro Exercicios prácticos sobre diferentes técnicas, procedementos e
procesos de creación da plástica e visual.
30 C59
C62
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para o alumnado que siga a avaliación continua:
O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta
modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria (mínimo exixida 80% das sesións teórica e prácticas
respectivamente). 
Os traballos entregaranse na aula e subiranse á plataforma (Moovi) segundo o calendario que se estableza.
Alumnado non presencial:
No caso da/o alumna ou alumno que non poida seguir a avaliación continua terá que superar unha proba escrita sobre os
contidos teóricos expostos na sesións maxistrais o que lle dará acceso á valoración do resto de traballos. 
O alumnado non
presencial deberá contactar nas tres primeiras semanas de clase coas docentes da materia para coñecer en detalle os
traballos e exercicios a entregar. 

SEGUNDA CONVOCATORIA
No caso do alumnado que aínda asistindo regularmente a clase e realizando as entregas parciais non logre superar a
materia deberá presentar na segunda convocatoria so aqueles traballos ou exercicios nos que non alcanzasen a nota
mínima de 5. 
Alumnado non presencial:
No caso da/o alumna ou alumno que non poida seguir a avaliación continua terá que superar unha proba escrita sobre os
contidos teóricos expostos na sesións maxistrais o que lle dará acceso á valoración do resto de traballos. O alumnado non
presencial deberá contactar nas tres primeiras semanas de clase coas docentes da materia para coñecer en detalle os
traballos e exercicios a entregar.
 As titorías serán ou ben presenciais ou telemática (despacho virtual no campus remoto) baixo concertación de cita previa.
As datas de exames pódense consultar na web da facultade no apartado de organización académica
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000