Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Ética e deontoloxía profesional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

METODOLOXÍA. Desde o punto de vista metodolóxico:
A.- Poderá conservarse:1.- A lección maxistral (se ben accederase á mesma a través dos mecanismos do campus remoto). 2.- Ao mesmo tempoos traballos dirixidos polo docente seguiran baixo as mesmas regras, se ben seu control levarase a cabo coa plataforma MOOVI e/o correo electrónico.
B.- Variacións metodoloxicas.-Anúlanse os foros/grupos de discusión.

TITORIAS.- No horario oficial seguimento desde o despacho virtual. En xeral, atenderase ao alumnado a través do correo electrónico.

CONTIDOS.- Mantéñense contidos teóricos e temática- bibliografíados traballos individuais.

AVALIACIÓN.- Examen (test con resposta fundamentada en contestación curta), 50% da nota. O traballo indvidual será o outro 50% da nota.

BIBLIOGRAFÍA.-Achegarase ao alumnado uns apuntes da materia (MOOVI- apuntes Ética e deontoloxía- Cristina Caruncho) co fin de favorecer o máximo o seguimento das explicacións .













Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000