Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Circunstancias excepcionais

En caso de circunstancias excepcionais que impidan a asistencia presencial ás clases, terase en conta a modalidade activada (presencial, mixta ou non presencial) e faranse as seguintes adaptacións:

Para a Docencia mixta: o profesor/a estará na aula de clase, xunto co grupo de alumnos/as, segundo o aforamento permitido. O resto do alumnado seguirá a clase polo campus remoto e/ou plataforma de teledocencia. Estableceranse grupos de alumnado para a asistencia ás clases. No caso das clases prácticas, a previsión é que todo o alumnado poida asistir alternamente ás sesións. No caso de non ser posible manter a distancia de seguridade, débense establecer as medidas de protección persoal necesarias.

Para a Docencia non presencial: nin o profesor/a nin o alumnado asistirán ás aulas. As clases levaránse a cabo no campus remoto e/ou plataforma de teledocencia. Chegado o caso, activaríase esta modalidade mediante Resolución Reitoral.

Adaptacións Metodolóxicas: Fomentarase o uso de material audiovisual alternativo (programas informáticos musicais, gravacións, audio-vídeos, páxinas web, blogs, etc.) e fomentaranse actividades on-line participativas e interactivas promovendo o traballo grupal e individual sobre distintos temas da materia, mediante a realización de foros, debates, etc.
Empregaremos a plataforma FAITIC/Moovi, para os fins descritos no apartado anterior, en caso de non poder impartir as clases de forma presencial.

Clases prácticas: No caso de que se active a modalidade non presencial, mediante Resolución Reitoral, as clases prácticas desenvolveranse on-line. O profesor/a establecerá o contido e as prácticas a realizar, de acordo coa guía docente, para despois realizar a súa revisión on-line, mediante a utilización do campus remoto e plataforma de teledocencia, de forma grupal e/ou individual.

Atención ao alumnado: Habilitaranse os despachos virtuais, e o correo electrónico para contactar cos profesores. Utilizaranse ademais todos os medios dispoñibles (foros, aulas virtuais, etc.) para atender a todo o alumnado.

Avaliación: No caso de non poder realizar a avaliación ordinaria prevista na guía docente presencial, avaliarase de forma virtual o seguinte:
Lección maxistral Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións 25 %
Talleres Actividades de carácter práctico. Pódese incluír, entre outras: execución e creación individual ou en grupo de pequenas pezas rítmicas, vocais ou instrumentais, resolución de tarefas propostas, ditados rítmicos e melódicos .... 15 %
Presentación e defensa de traballos tutelados 15 %
Traballo tutelado Elaboración dun arranxo musical para a aula 15 %
Práctica de laboratorio Execución conxunta ou individual de arranxos vocais e/ou instrumentais e prácticas con programas informáticos musicais 10 %
Probas de resposta curta. Resposta a un test sobre cuestións de teoría 20 %
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000