Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da lingua e a literatura infantil
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Ademais das exposicións da docente, fomentarase a participación activa do alumnado co propósito de motivar o debate e a reflexión. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver baixo a modalidade mixta ou non presencial recorrerase ás videoconferencias e aos foros da plataforma universitaria.
Presentación Os traballos que se realicen e/ou expoñan serán resultado da colaboración alumnado/profesora para provocar a retroalimentación constante no proceso de ensino-aprendizaxe e lograr os obxectivos propostos. En caso de que as aulas se teñan que desenvolver baixo a modalidade mixta ou non presencial recorrerase ás videoconferencias, aos foros da plataforma universitaria e ao correo electrónico para manter un contacto fluído e directo, sempre baixo previa cita de titoría.
Traballo tutelado A profesora estará á disposición de calquera consulta ou dúbida que se teña a ben realizar nas aulas presenciais ou remotas, así como no horario de titoría a través das videoconferencias, foros da plataforma universitaria e correo electrónico, sempre baixo previa cita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000