Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Identificación, prevención e tratamento dos trastornos do desenvolvemento e da conduta
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións significativas nas metodoloxías nos tres escenarios docentes previstos. A única adaptación que cabe resaltar, é a relativa ao seu modo de execución. No posible escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías se levarían a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, no escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas se adaptarían a una modalidade de execución virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente e/ou no despacho virtual, baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza.

No caso dun escenario docente na modalidade a distancia, a titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos mencionados.


* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.

* Probas que se manteñen

Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2020-21.

Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, se manteñen, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente.

Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero sí no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.

Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual, ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.

Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

* Probas que se modifican
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación. A única modificación, como xa se mencionou no apartado anterior, podería darse con relación á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que se leve a cabo a docencia.

* Novas probas

Non se prevén novas probas de avaliación.

* Información adicional

Non hai
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000