Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Antropoloxía: Pensamento e cultura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Presentación e debate dun tema 15 C37
C44
D1
D13
Traballo tutelado Avaliación do proceso, resultados e presentación dun traballo de iniciación á investigación. 35 C37
C44
D1
D13
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre o temario da materia. A xuízo do profesor encargado da materia, o exame poderá incluir preguntas de desenvolvemento longas, curtas e/ou preguntas tipo test. 50 C37
C44
D1
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA: O alumnado presencial e o non presencial ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.
SEGUNDA CONVOCATORIA: De non superar a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas exclusivamente co exame da convocatoria de xuño-xullo. Con todo, se o alumnado presentou e superou as partes prácticas durante o curso, gardaráselle a nota para facer media co exame da convocatoria de xuño-xullo, pero non se poderán presentar as prácticas na segunda convocatoria.
ALUMNADO NON PRESENCIAL: O alumnado que non poida asistir á clase regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir a titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: 1.- Unha proba de contidos teóricos (ata 5 puntos, 50%). 2.- Un traballo, a determinar polo profesor/a (ata 3 puntos, 30%). 3.- O resumo de dous libros, a determinar polo/a profesor/a responsable da materia (ata 2 puntos 20%). Para aprobar é preciso alcanzar o 50% da puntuación en cada unha das 3 probas. Os criterios de avaliación da segunda convocatoria son os mesmos tanto para o alumnado presencial como para o non presencial.
As datas oficais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade, no apartado de organización académica, espazo "datas de exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000