Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Titoría e orientación coa familia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

As actividades e metodoloxías docentes que impliquen presencialidade do alumnado poderán ser realizadas en modalidade telepresencial, a través do campus remoto da Universidade de Vigo.

* Metodoloxías docentes que se modifican

Poderán ser modificadas, de precisarse, aquelas actividades que impliquen imposibilidade de respecto ás medidas preventivas dos riscos sanitarios, en especial a Lección Maxistral, debido ao alto número de alumnado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

En xeral favorecerase a realización das titorías “online” o por correo electrónico. De non ser posible, tanto o profesor ou profesora como o estudante, utilizarán máscara e manterán entre eles, se é posible, unha distancia de 1,5 metros

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Manteranse todas as probas descritas na avaliación, sendo posible a súa adaptación para a realización a través de medios telemáticos (videoconferencia, foros, Moovi...).

A Proba escrita, cun peso do 30% da cualificación, poderá ser realizada mediante ferramentas informáticas dispoñibles (Campus remoto e Moovi)

* Información adicional
Ante a imprevisibilidade do escenario académico do curso, informarase dos cambios e modificacións puntualmente a través da plataforma MOOVI.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000