Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen: Respectaranse as metodoloxías previstas, facendo as modificacións necesarias que requira o emprego da plataforma do Campus Remoto e Moovi.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): Titorías remotas e telefónicas e por medio do correo electrónico.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: Non hai modificacións.

Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: A bibliografía xeral permite a autoaprendizaxe.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Tamén se respectan os mecanismos e instrumentos de avaliación establecidos, aínda que, no caso de ser necesario, incorporanse as medidas oportunas para que o alumnado poida afrontar o proceso de avaliación con éxito.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000