Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo en que se estableza na guía docente). No caso de que non superasen as probas e, especificamente, as competencias da materia, serán avaliados na segunda convocatoria durante o mes de xullo. Neste caso a avaliación realizarase mediante un exame. Aqueles estudantes que, por causa xustificada no comezo do curso académico, non poidan asistir regularmente ás clases teóricas, prácticas, actividades e exercicios que se desenvolverán nos espazos docentes destinados ás tarefas determinadas, deberán realizar, obrigatoriamente, as mesmas actividades e tarefas dos asistentes, e no mesmo prazo sinalado para ese efecto. As porcentaxes asignadas ás probas para os alumnos non asistentes serán exactamente as mesmas que as indicadas para os estudantes asistentes. As datas dos exames pódense consultar na web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na sección "Organización académica" (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames) |