Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisíbel evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade estabelece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A) Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e outras ferramentas como Zoom, Moodle, Google Classroom, Microsoft Teams ademais de Moovi (e aquelas outras que estean dispoñíbeis no momento e poidan ser empregadas de mutuo acordo polo alumnado e a profesora para desenvolverse na materia).
Polo tanto as metodoloxías serán:
- Lección maxistral. Realizarase a través do Campus Remoto e Moodle. Terán como soporte para o seu seguimento documentación e material didáctico dispoñíbel en Moovi.
- Resolución de problemas. Realizarase a través do Campus Remoto e Moodle. Algunhas entregas poderán ser realizadas por correo electrónico ou Moovi.
- Traballo tutelado. O alumnado traballará en grupo mediante ferramentas como google drive ou dropbox. En caso de imposibilidade de acceso a estes recursos, o traballo poderá ser individual. A intervención docente poderá ser en modalidade online destinada aos seus compañeiros/as de clase, en modalidade presencial a persoas da sua contorna coas que teña contacto seguro nese momento. En todos os casos a intervención será gravada en video e facilitada á docente. A entrega será online mediante correo electrónico ou plataforma de teledocencia (Moovi).
- Seminario. Realizarase online mediante videoconferencia a través do Campus Remoto.
- Estudo de casos. Realizarase online mediante videoconferencia a través do Campus Remoto e outras plataformas para a docencia online como Zoom, Moodle, Google Classroom, Microsoft Teams. Para avaliación tamén empregaranse ferramentas da plataforma Google, Kahoot ou outras apps semellantes.
- Obradoiro. Realizarase unha intervención docente. Poderá ser: 1. Online a través de Campus Remoto, Zoom, Moodle, Google Classroom, Microsoft Teams ou calquera outra plataforma de teledocencia que permita a interacción visual e verbal do alumnado. O alumnado terá que adaptar a sua programación a un contexto virtual. 2. En presencia física con persoas da sua contorna coas que teña contacto seguro durante ese período. Neste caso a intervención deberá ser gravada e facilitada á docente.
- Prácticas de laboratorio. Realizaranse online a través de Campus Remoto, Zoom, Moodle, Google Classroom, Microsoft Teams. Algunhas poderán ser enviadas en forma de tarefa que o alumnado terá que realizar de xeito autónomo e cumprimentar unha avaliación.


B) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto. Despacho 2129 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/912187149)
Poderase empregar a ferramenta Doodle para a xestión das titorías e seminarios.

C) Outras modificacións
No caso da semipresencialidade as metodoloxías de resolución de problemas poderán realizarse nun contexto presencial pero modificando as prácticas motrices de tal xeito que se respecte a distancia interpersoal e o esforzo físico sexa moi moderado. As prácticas pasarán a ser exemplificacións dalgúns alumnos/as (que rotarán na participación) que o resto do alumnado analizará. Empregarase a modalidade de ensino en pequenos grupos.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación manterase igual. As diferentes metodoloxías/probas realizaranse polos medios telemáticos especificados (Campus remoto, Moodle, Skype, Zoom, etc,).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000