Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación do traballo grupal.

Cada actividade de grupo terá unha nota, que se trasladará aos compoñentes do grupo segundo a súa contribución. Ao final calcularase unha nota media (ponderada, se procede) de
todas as actividades.
20 B2
B11
B12
B13
B25
B26
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final de preguntas curtas e exercicios sobre os conceptos e técnicas expostos e traballados na aula de teoría.

Avalíase a aprendizaxe da metodoloxía sesión maxistral e resolución de problemas e exercicios dos boletíns da aula de teoría.

Poderase recoñecer até un 10% de actividades de avaliación continuada.
40 B13
B26
Práctica de laboratorio Avalíase a aprendizaxe das prácticas na aula de informática.

Haberá dúas opcións:
1- Avaliación continua.
2-Exame final.

Para participar na avaliación continua é obrigatorio presentar polo menos o 80% das actividades avaliables (test e talleres) e alcanzar 5 puntos en media.
Valorarase o traballo continuado mediante elementos de gamificación.

En caso de non superar a avaliación continua, o exame final consistirá nunha proba práctica presencial na aula de informática.
40 B2
B12
B13
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na parte práctica de computador necesítase un 5 para calcular o promedio final.

No exame de teoría será necesaria unha nota mínima de 4,5 para calcular o promedio final.

Se algún alumno non traballa sistemáticamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo, seguindo un protocolo establecido ao principio de curso.

En caso de plaxio nalgunha actividade de avaliación continua, perderase automáticamente o dereito a este tipo de avaliación.

Na segunda convocatoria repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada alumno recupere a parte que lle corresponda.
As actividades de grupo non serán recuperables na convocatoria de xullo.

Dun curso para outro, non se gardarán exames superados ou partes da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000