=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as metodoloxías descritas nesta guía pódense levar a cabo de forma non presencial, por tanto non é necesario facer cambios.
As clases presenciais serán substituídas pola súa versión virtual, con sesións en aula virtual e/ou gravación das sesións.
Isto farase en combinación co traballo autónomo por parte do estudante.
Estas modificacións levaranse a cabo, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar, para garantir a accesibilidade dos estudantes aos contidos docentes.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
As sesións de tutorización poderanse realizar por medios telemáticos, como o correo electrónico ou vídeo conferencia.
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non é necesario modificar os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non é necesario bibliografía adicional.
* Outras modificacións
Ningunha.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non se modifican.
* Probas pendentes que se manteñen
Todas.
* Probas que se modifican
No caso de que as probas non se poidan realizar de forma presencial, faranse de forma virtual. Isto pode incluír o uso da webcam así como o uso da cámara do móbil do alumno, para a vixilancia durante a realización das probas.
Tamén será imprescindible que o estudante comparta o escritorio do computador no cal se están levando a cabo as probas. As probas poderán ser gravadas.
* Novas probas
Ningunha.
* Información adicional
Non é necesario modificar os contidos nin adaptar os criterios de avaliación.
|