Nesta materia traballarase no adestramento das competencias para o liderado mediante metodoloxías innovadoras que teñen os seguintes obxectivos: comprender mellor moitos dos comportamentos das persoas coas que un se relaciona; pór en cuestión, revisar e superar determinadas autolimitacións; apreciar as vantaxes do traballo cooperativo en equipo; e analizar as destrezas directivas do propio alumno, identificando as súas cualidades e algunhas das súas carencias. En definitiva, adquirir unha maior conciencia do significado do liderado persoal e da influencia do desenvolvemento da intelixencia emocional, no benestar persoal e no rendemento profesional.