O obxectivo desta materia é que o estudante adquira un coñecemento global de todos os aspectos que teñen incidencia na internacionalización da empresa. Ao mesmo tempo que é consciente da importancia da internacionalización como instrumento básico para a competitividade dunha empresa, analizará os riscos inherentes ao comercio exterior, coñecerá a operativa do comercio internacional, comprenderá o proceso de internacionalización dunha empresa e coñecerá as principais diferenzas culturais con outros países.