O obxectivo desta materia é mostrar ao estudante a importancia tanto da dirección de operacións como da xestión da calidade no ámbito empresarial. Para iso, partindo da análise dos procesos, abordaranse as variables principais que interveñen na xestión de produción de forma que sexa capaz de parametrizalas para poder predicir cal será o output dun sistema produtivo, e analizaranse os aspectos a considerar para o deseño de sistemas de xestión da calidade.