O obxectivo principal desta materia é que os estudantes sexan capaces de entender a achega da estrutura humana, ao deseño e implantación da estratexia empresarial. Para iso, abordaranse os retos actuais da Dirección de Persoas, identificando a misión da área de Recursos Humanos na organización, e a súa importancia na implantación da estratexia da empresa, definindo as competencias necesarias en cada ámbito de responsabilidade. O estudante será capaz de deseñar e aplicar un plan de xestión integral dos Recursos Humanos na organización.