Guia docente 2020_21
Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE)
Máster Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)
 Materias
  Xestión Comercial e Marketing
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O profesor atenderá ás necesidades e consultas do estudante relacionadas coa análise de situacións vinculadas coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.
Resolución de problemas O estudante terá un seguimento continuo e unha atención personalizada, a través da resolución de problemas e/ou exercicios e do control do traballo realizado.
Traballo tutelado O profesor guiará e supervisará o traballo a realizar, así como a evolución de cada un dos estudantes. Liquidará as dúbidas que poidan xurdir, realizará preguntas específicas e fomentará o debate ao redor dos temas obxecto de análises.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000