Esta materia proporcionará ao estudante unha visión global e estruturada da actividade comercial e de mercadotecnia, así como das oportunidades que ofrece á empresa baixo unha perspectiva que integre o mundo online e offline. Para iso, deberá analizar a información do mercado e da propia empresa e desenvolver en base a ela novas políticas comerciais e de mercadotecnia. Prestarase especial atención ao alcance da misión e funcións do Director/a de Vendas, así como a variables clave de xestión da Forza de Vendas como equipo humano.