O obxectivo desta materia é achegar ao estudante á Sociedade do Coñecemento, xustificando a importancia adquirida pola información na economía; é dicir, que sexa capaz de analizar o impacto das novas tecnoloxías na estratexia e a xestión empresarial. Para iso deberá coñecer as novas posibilidades ofrecidas polo BigData e Cloud Computing; analizar o impacto de Internet e os social media na relación entre empresa e clientes; coñecer os principais sistemas corporativos para a xestión da información na empresa (ERP, CRM, ferramentas de Business Intelligence...); e avaliar os novos modelos de negocio e os cambios na estrutura das forzas competitivas (relación con provedores, clientes, novos competidores...).