Esta materia permitirá ao estudante coñecer as ferramentas informáticas, de análises de datos e financeiras indispensables para a xestión empresarial. En concreto, coñecerá as características avanzadas das ferramentas ofimáticas que a día de hoxe pódense considerar indispensables para todo profesional, e que facilitan a procura e análise da información, tanto cuantitativa como cualitativa, tendo en conta os principais elementos da Política de Seguridade Informática. Tamén se lle proporcionarán técnicas estatísticas e de investigación de mercados que lle permitirán analizar os datos nunha contorna real. Doutra banda, introducirase ao estudante no mundo das operacións financeiras, de forma que sexa capaz de analizar e resolver calquera situación relacionada co valor do diñeiro no tempo.