O obxectivo desta materia é familiarizar aos estudantes coa forma xurídica da empresa, co funcionamento dos seus órganos e coa documentación que recollerá os acordos e decisións destes; así mesmo, abordarase o contido básico dos principais contratos mercantís e as cautelas e garantías que convén ter en conta en cada caso, facendo fincapé no manexo dos instrumentos de crédito e de pago máis frecuentes no tráfico empresarial.
Tamén se persegue que o estudante coñeza o marco legal no que se van a desenvolver as relacións laborais entre empresa e empregado, tendo en conta as peculiaridades e consecuencias de cada modalidade contractual, así como para garantir o adecuado desenvolvemento das relacións laborais.
Por último, analizaranse os aspectos do sistema impositivo vixente relacionados coa empresa; medirase e valorará o custo impositivo das decisións que se adopten, e a carga administrativa que xera; e desenvolveranse as técnicas de planificación fiscal, tanto desde un punto de vista nacional como internacional.