Esta materia permitirá ao estudante coñecer a caracterización do ciclo económico e as particularidades da conxuntura económica, así como a posición dos principais países da economía mundial. Para iso deberá interpretar as magnitudes macroeconómicas e os principais indicadores da actual situación económica e financeira.
Tamén analizará as particularidades dos Mercados Financeiros (Renda Variable, Renda Fixa e Divisas) e a súa interrelación coas variables macroeconómicas, co fin de que vexa as súas implicacións na estratexia empresarial. Deste xeito, o estudante poderá optimizar as súas decisións de investimento e financiamento, facendo uso das coberturas de risco financeiro sobre tipos de interese e divisas.