A materia aborda os aspectos necesarios para asegurar a adopción do enfoque baseado en procesos nos diferentes contextos organizativos, así como para asegurar o desenvolvemento, implementación e mellora continua de sistemas de xestión da calidade de acordo coas normas e referenciais de aplicación. Así mesmo, analízase a contribución dos sistemas de xestión da calidade á sustentabilidade e achéganse as claves para superar con éxito as auditorías de certificación.