A materia busca un primeiro achegamento do estudante á realidade empresarial, e en concreto ao funcionamento da empresa como elemento básico do sistema económico. Para iso definirase o concepto de empresa, os seus obxectivos, funcionamento, estrutura, tarefas e operacións básicas que se realizan na mesma, e as claves que explican o fenómeno de creación de empresas. Farase especial fincapé na súa interacción coa contorna, nas claves para unha dirección eficaz. Por último, exporase a nivel introductorio o impacto das cuestións económico-financeiras.