A materia Matemáticas das Operacións Financeiras introduce ao estudante na lóxica da valoración financeira, indispensable para a toma de decisións e a correcta interpretación da información no ámbito das finanzas e a contabilidade.
Baixo o principio básico do valor do diñeiro no tempo, o estudante coñece, comprende e aplica a metodoloxía matemática-financeira á análise e avaliación das operacións financeiras máis frecuentemente contratadas nos mercados, prestando especial atención ao cálculo de custos e rendementos reais.