Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha forma mais áxil e eficaz ao ser coñecido con anterioridade polo alumnado e o profesorado.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican
Actividades introductorias: actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. De ser o caso faranse a través do CampusRemoto.
Seminarios: Si non se puidesen facer de forma presencial faranse a través do CampusRemoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención personalizada do alumnado realizarase a través do mail que se facilita ao comezo do curso e a través do foro de FaiTic. Si é necesario, a petición do alumnado, poderase acordar unha reunión a través do CampusRemoto. En calquera caso, o peso da atención ao alumnado é tarefa do titor/a asignado ao comezo do curso, e será o encargado/a de facer a adaptación que considere á non presencialidade.

* Modificacións (de proceder) dos contidos a impartir
O material a impartir non se verá modificado.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se verá afectada, salvo pola presencialidade á hora da presentación oral do traballo, que se poderá ver afectada, tendo que ser realizada a través do CampusRemoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000