Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas III
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Presencial.

* Metodoloxías docentes que se modifican
A metodoloxía presencial na práctica clínica poderá ser modificada segundo evolucione a crise sanitaria orixinada polo coronavirus SAR-CoV-2(COVID-19) seguindo a normativa autonómica ou nacional que lle sexa de aplicación.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Realizaranse a través das aulas do campus virtual da Uvigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000