Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia Obligatoria. Preténdese estimular e no alumnado a capacidade de pensamento crítico o razonamento reflexivo e a creatividade .
Módulo Maternal:
Traballo en profundidade sobre un tema ,ampliación e relación dos contidos tratados nas sesions maxistrais coa adquisición de outras competencias teórico-prácticas.

Módulo Infantil:
Elaboración de parte do contido teórico por parte do alumnado baixo a supervisión do profesorado .
10
Presentación Preténdese estimular no alumnado o traballo colectivo , o pensamento crítico e a creatividade.

Módulo Maternal: Lectura de artigos científicos e presentación e debate na aula.

Módulo Infantil:Elaboración e presentación de traballos grupais sobre temáticas propostas pola docente e o alumnado en relación a materia .
10
Lección maxistral Asistencia a clase.
A asistencia nun 100% do total da docencia na aula é considerada como a óptima .
As ausencias puntuáis e xustificadas non serán contabilizadas.
10
Exame de preguntas obxectivas Realizarase exame tipo test e /ou pregunta curta e ou/de desenrolo.
As preguntas tipo test constarán de 4 opcións de resposta das cales só unha será correcta. Por cada pregunta mal contestada anularase o valor de 1/3 dunha ben contestada.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Módulo Materno:A
nota do módulo de Enfermaría Maternal representa o 50% da nota
global da materia Enfermaría Materno-Infantil. É necesario aprobar
as dúas partes de forma independente.


A avaliación do módulo Materno consistirá nas seguintes partes:



2 seminarios de asistencia obrigatoria. Participación activa: 10%.



Exposición en clase e debate, por parte do alumnado, de varios temas
a proposta da docente: 10%.



Asistencia e participación activa en clase: 10%.



Exame final escrito: 70%.



Para superar o exame é necesario obter unha puntuación mínima de
3,5 puntos
(50% do exame).



Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima de
5 puntos
(entre o exame e o resto de actividades citadas, tendo en
conta que o exame é obrigatorio aprobalo para avaliar o resto da
materia).



Na segunda convocatoria, o sistema de avaliación será o mesmo.


Módulo Infantil: A nota do módulo de Enfermaría Infantil representa o 50% da nota global da materia Enfermaría Materno-Infantil. É necesario aprobar as dúas partes de forma independente. 

A avaliación do módulo Infantil  consistirá nas seguintes partes:
◦ 2 seminarios de asistencia obrigatoria. Participación activa: 10%.
◦ Exposición en clase e debate, por parte do alumnado, de varios temas a proposta da docente: 10%.
◦ Asistencia e participación activa en clase: 10%.
◦ Exame final escrito: 70%. 
◦ Para superar o exame é necesario obter unha puntuación mínima de 3,5 puntos (50% do exame).
◦ Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos (entre o exame e o resto de actividades citadas, tendo en conta que o exame é obrigatorio aprobalo para avaliar o resto da materia).
◦ Na segunda convocatoria, o sistema de avaliación será o mesmo. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000