Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Se realizan nas Unidades asistenciais Médicas e Cirúrxicas en forma de rotatorio clínico independente. Permiten incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial razoamento clínico, xestión clínica e xuicio crítico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes da Enfermería, baseados en principiose valores asociados ás competencias descritas que conforman o Título. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de simulación sirven para aproximar ó/á alumno/a á realidade, integrar a teoría con a prácticae adquirir habilidades necesarias, antes de realizar as prácticas clínicas nas unidades.
Ao finalizar as actividades na sala de prácticas de simulación, o/a estudiante será capaz de demostrar as habilidades de razoamento e destrezas precisas para realizar os procedementos que realizará posteriormente nas prácticas clínicas.
O desenrolo das prácticas de laboratorio realizarase da seguinte forma:
1. Exposición do procedimento, pola profesora, mostrando cómo identificar e informar ao paciente, manipular os materiais necesarios para a técnica, realización de dita técnica e as súas indicacións.
2. As/os alumnas/os repetirán o procedimiento diante da profesora, expresando dudas y acadando indicacións desta. Escenificarán unha situación a partir dun caso exposto pola profesora, simulando e aplicando individualmente, de forma integrada, todos os coñecementos. Isto repítese cantas veces sexa preciso ata que sexan capaces de realizar o procedemento, razoando cada paso.
3. Estableceranse grupos de estudantes, que realizarán, de forma rotatoria entre eles/as, os procedementos e irán recibindo as consideracións críticas dos/as seus/súas compañeiros/as de grupo.
|