O propósito fundamental desta materia consiste en proporcionar aos futuros enfermeiros a formación necesaria que lles permita desenvolver actividades de xestión e administración nos servizos de saúde e utilizar os recursos con criterios de eficiencia. Identificar as características da xestión que se realiza como membro dunha empresa de saúde, sendo capaz de identificar e coñecer o produto sanitario, así como a carteira de servizos, o método de resolución de problemas e de toma de decisións, analizar os compoñentes dos procesos e describilos, explicar o concepto de calidade e seguridade así como as súas repercusións nunha empresa de servizos sanitarios, promovendo a avaliación da súa actividade e orientando as súas accións en función de obxectivos