Guia docente 2020_21
E. U. de Enfermaría (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas as metodoloxías utilizadas de forma presencial, pasarán a impartirse en formato on-line:
- Clase maxistral on line.
- Presentación on line do proxecto por parte do alumnado, a través do campus remoto.
- Obradoiros on line.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): Acordarase co alumnado as fechas e horas , nas que a profesora estará disponible a través do campus remoto, para aclarar dúbidas e solventar os problemas que surxan, previa cita a través do correo electrónico ou foros da plataforma.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: Non se modifican.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: Na bilibliografía xa se aportan opciones para obter bibliografía on line.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non é necesario adaptar a avaliación, xa que as probas evaluables trasladarasen á modalidade on line, co mesmo formato que o presencial.


* Información adicional: tanto as metodoloxías docentes, como as probas de avaliación, realizaránse a través do campus remoto, na plataforma moodle.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000