A materia de Fisioloxía Humana baséase no estudo das funcións que rexen o noso organismo. O corpo está formado por células, estas á súa vez forman tecidos, os tecidos á súa vez forman órganos, estes forman aparellos e, á súa vez estes compoñen os sistemas que manteñen o corpo vivo. Será o estudo de cada un destes niveis, e a súa relación entre si, o que servirá de base á hora de estruturar a materia.
Por iso, o obxectivo xeral que se lle solicita ao alumno é:
Coñecer e identificar as funcións das principais estruturas que compoñen o corpo humano, así como a súa relación con estruturas afíns.