Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Cada alumna e cada alumno confeccionará no seu caderno de traballo, que podrá empregar para entregalo a plataforma Intranet, os informes descritivos das prácticas realizadas acompañados dos informes de valoracións persoais e conclusións. 34 C33
C36
C40
D1
D2
D3
D6
D9
Traballo Cada alumna e cada alumno do curso elaborará na aula, unha presentación multimedia para exposición pública sobre a programación e o posible tratamento globalizado de aula dunha aprendizaxe de coñecemento científico polo alumnado de educación infantil. 33 B11
C33
C36
C40
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo, que pode entregar a través da plataforma Intranet, un traballo monográfico de investigación sobre unha situación-problema en relación co medio. Esta tarefa poderá substituírse pola elaboración dun diario de clase que recolla o acontecido na aula, as actividades e tarefas desenvolvidas... xunto con valoracións persoais e grupais de cada sesión. 33 B1
C33
C36
C40
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na plataforma virtual Intranet, en formatos PDF.

Para poder acollerse á avaliación continua é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento idóneo. Se o estudantado supera o límite de faltas permitidos, non se poderá acoller á devandita avaliación continua e terá que realizar un exame teórico-práctico específico e entregar todos os traballos solicitados.

Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan correctas.

A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

Criterios de avaliación da 2ª convocatoria:Para obter unha avaliación positiva o alumnado terá que acollerse ás mesmas condicións que as establecidas para a 1ª CONVOCATORIA. Fai falta obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

Observacións:

Estes criterios de avaliación son unha declaración de intencións sobre o traballo dos estudantes na materia; polo que poden sufrir lixeiras modificacións derivadas do consenso co grupo clase ou por circunstancias imprevistas.

As datas dos exames e das titorías determinaranse oficialmente e publicaranse na web: http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000