Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Matemáticas para mestres: Educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Presentación dun caderno de traballo onde se recollan todos os materiais presentados na aula: descrición, utilidades, vantaxes, desvantaxes... Valorarase a presentación e a boa expresión matemática. 15 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B11
B12
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D5
D6
D8
D9
D11
D12
D13
D16
D17
D20
D21
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación de problemas resoltos traballados de maneira individual. Valorarase o razoamento realizado no proceso de resolución, así como a presentación e a boa expresión matemática. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B11
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D13
D15
D17
D20
D21
Traballo tutelado Presentación dun documento elaborado baixo as directrices da profesora. Valorarase:
- presentación e boa expresión
matemática,
- procura bibliográfica,
- construción de material didáctico,
- creatividade nas actividades descritas.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B11
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
D16
D17
D20
D21
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame (proba individual escrita) da materia. Cada unha das cuestións propostas terá diferente peso segundo o seu grao de dificultade e amplitude.
Será valorada:
- a corrección nos razoamentos,
- a boa expresión en matemáticas e, en xeral, na lingua.
55 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B6
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D6
D8
D13
D15
D16
D17
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é condición necesaria superar cunha puntuación mínima do 50% cada un dos apartados anteriores.


Aqueles estudantes que non a superen na convocatoria de final de cuadrimestre, poderán recuperala na convocatoria de xullo, onde o sistema de avaliación será exactamente o mesmo. As datas e horarios dos exames de ambas as convocatorias serán os establecidas no calendario de probas de avaliación para o curso 2020-21 e que poden ser consultadas en https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/


Así mesmo, aqueles/as alumnos/as que por causas xustificadas non poidan asistir a clase deberán realizar, ademais das mesmas actividades que os seus compañeiros, un traballo adicional que irán elaborando ao longo do cuadrimestre e que deberán presentar o mesmo día do exame. Deben porse en contacto coa profesora nun prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre.


As faltas de ortografía, tanto nos traballos presentados ao longo do cuadrimestre como no exame final, teranse en conta e por cada unha descontarase 0,15 da nota final.


Os correos electrónicos serán atendidos pola profesora sempre que sexan enviados a través da plataforma Intranet e deberán presentar un asunto detallando a razón do mesmo, así como unha correcta redacción.


Trátase dun proceso de avaliación continua de todo o traballo desenvolvido polo estudante ao longo do curso. A asistencia regular ás clases, tanto teóricas como prácticas, é aconsellable e valorarase positivamente a actitude e a participación.


Estes criterios de avaliación son unha declaración de intencións sobre o traballo dos estudantes na materia polo que poden sufrir lixeiras modificacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000