Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución das actividades e prácticas propostas no desenvolvemento das leccións maxistrais.

- Comentarios de textos literarios
- Prácticas relacionadas cos contidos teóricos.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
C43
C44
C46
C48
C50
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
Traballo tutelado Elaboración de traballos orais/escritos orixinais a partir de lecturas de libros, de artigos, de conferencias realizadas por poñentes de prestixio, etc. que permitan afondar ou complementar os contidos da materia.

Estes traballos, así como a súa cualifación específica, serán indicados nas diferentes sesións de traballo.
35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
C43
C44
C46
C48
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D13
D14
D16
D17
D18
Lección maxistral Asistencia e participación activa na resolución de problemas e preguntas formuladas 5 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
C43
C44
C46
C48
C50
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame oficial. Proba escrita. 35 B3
C46
C50
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D13
D14
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación pretende facer o alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha avaliación continua, formativa e global, polo que se terán en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación no proceso de aprendizaxe e o resultado final de dito proceso.

A cualificación final da materia será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. É dicir, a cualificación final será a suma da nota do exame (35%), dos traballos e prácticas (60%) e da asistencia e participación activa (5%). Malia o dito, será preciso ter unha nota mínima de 1,50 no exame para poder sumar as demais notas. 


ALUMNADO NON ASISTENTE
Aquel alumnado que non asistise ás aulas ou faltase máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas terá que presentarse a un exame de toda a materia (este exame computará un máximo de 4 puntos). Así mesmo, deberá presentar todos os traballos sinalados na aula (estes traballos computarán un máximo de 6  puntos). Para a asignación dos traballos, o alumno/a deberá poñerse en contacto coa profesora antes do día 31 de novembro de 2020. Estes traballos terá que entregalos o día da realización do exame. 



Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a materia poderán recuperar as competencias non adquiridas na convocatoria do mes de xullo, manténdoselles a nota dos traballos/actividades superados, e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades propostos que non foran superados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000